Sommaire

lundi 23 septembre 2013

Variables dans la situation d'enseignement.

Bonjour,

     Hoxe vouvos falar da segunda clase teórica de français que tivemos o martes da semana pasada. Nela falamos un tema interesante xa que tratamos as distinta variables das linguas e o seu estado a hora de evaluar aos rapaces, facendo referencia na pequena idade.

     As situacións da ensinanza divídense en varias partes unha delas fai referencia ao aprendizaxe precoz da lingua estranxeira, outra é o español como lingua estranxeira e por ultimo temos a ensinanza dunha materia integrada a unha lingua estranxeira (EMILE/AICLE/CLIL).

     As variables están compostas por tres puntos fundamentais que son as características do aprendizaxe, as características dos establecementos e por ultimo e non menos importantes os obxectivos.

     En canto, as características do aprendizaxe atopámonos que a idade é moi importante para a adquisición das linguas xa que canto máis pequeno sexa o neno máis facilidade ten de aprender e interiorizar outros idiomas distintos ao que escoita habitualmente no seu fogar. Segundo a idade que teñan os rapaces a facilidade de aprender vaise complicando xa que a idade ideal para iso son os primeiros doce meses de vida onde os rapaces teñen una capacidade de retención moi importante que debería aproveitarse correctamente para que os nenos aprendan de unha forma máis dinámica e rápida.


   Para finalizar, cabe dicir que foi unha clase amena aínda que hai certo vocabulario que aínda non comprendo perfección pero grazas ao prezi, e as explicacións do profesor faise mais fácil entender todo correctamente.

À plus tard!

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire