Sommaire

jeudi 28 novembre 2013

Tâche 4: Aider à produire.

Bonjour, 

Aujourd'hui je vous laisse quatrième activité du cours, la Tâche 4:


Tâche 4: Aider à produire.


J'espère que vous l'aimerez aussi. 

Au revoir!



dimanche 24 novembre 2013

Compréhension Écrite.

Bonjour, 

   Na  clase do martes 5 de novembro, o profesor explicou o tema da comprensión escrita no cal tratou distintas partes como a súa definición, os seus obxectivos, os materiais que se utilizan, a perspectiva didáctica da comprensión escrita, tipos de exercicios e que facer en educación infantil.

   En canto a súa definición destacamos que se emprega para a comprensión de documentos escritos, dentro dela existen unha serie de competencias, onde atopamos a competencia base, a competencia intermedia e a competencia exhaustiva. Nos obxectivos establecidos podemos destacar os seguintes: ler diferentes tipos de textos;  presentar o léxico, feitos de civilización, elementos gramaticais e estruturas;  dar ganas de ler, entre outros. 

   Os tipos de material que se empregan na comprensión escrita son: castas postais, correos electrónicos, telegramas, catálogos, programas turísticos, entre outros. Dentro deste soporte tamén explican os aspectos a ter en conta, onde están o aspecto comunicativo, o aspecto discursivo e o aspecto pedagóxico.

   Por outra parte, atopamos a perspectiva didáctica da comprensión escrita que se divide en cinco puntos: o primeiro punto consiste en distribuír o documento escrito aos estudantes; o segundo require unha lectura silenciosa, precisando os tempos cuxos estudantes dispoñan; no terceiro os estudantes preparan as súas propias hipóteses; no cuarto atraerán a atención do estudante sobre a organización do texto e o quinto punto responden a un cuestionario ou completan unha táboa.

  Tamén, visualizamos unha serie de exercicios para traballar a comprensión escrita similares ás actividades de comprensión oral, como por exemplo temos os cuestionarios de respostas múltiples, completar táboas... E  por último temos o apartado sobre que facer en educación infantil para traballar dita comprensión que son o desenvolvemento da motricidade fina, analizar a estrutura das letras, ler os nomes, entre outros.

   Finalmente, dicir que a clase estivo entretida xa que visualizamos algún vídeo entra a explicación o que fai que esta resulte amena. 

Adieu!

Petite Expérience avec le Français.

Bonjour, comment ça va?

   Hoxe vouvos contar como vai a miña experiencia co francés xa que teño esta parte do blog un pouquiño abandonada pero a verdade que teño moi poucas experiencias con idiomas en canto a viaxes.

   En primeiro lugar, dicir que nestes dous meses e medio de clase adquirín vocabulario na lingua francesa quizais non todo o que me gustaría neste tempo pero podo dicir que agora comprendo case todo o que di o profesor nas clases teóricas e prácticas (aínda que hai certo vocabulario que se me resiste).

   Por outro lado, estou comezando a redactar en francés xa que nalgunhas tarefas puxen algún apartado nese idioma. Pero cabe dicir que me resulta complexo e necesito moita axuda.

   Por último, cabe dicir que estou contenta por todo o que estou aprendendo e que pouco a pouco vou adquirindo palabras e expresións novas polo tanto espero que en pouco tempo sexa capaz de manter unha conversa en francés.


Au revoir!

jeudi 14 novembre 2013

jeudi 7 novembre 2013

Compréhension Orale.

Bonjour,

   Na clase do martes 29 de outubro, o profesor explicou a comprensión oral que os seus obxectivos principais que son traballar sobre o contido e non sobre as palabras o frases illadas e adquirir o vocabulario nun contexto.

   Por outro lado, se atopan as características dos nenos que son os coñecementos anteriores,  as competencias lingüísticas, a atención e o afecto.

  Por outra parte, temos as características dos documentos, onde atopamos o rendmento, as pausas, a fonética, o nivel de dificultade, os documentos auténticos e os soportes visuais. Dentro destas características encontramos unha serie de obxectivos, as imaxes fixas e as imaxes en movemento.

   A continuación, observamos as etapas da comprensión oral, que dentro dela existen tres tipos que son a pre-escoita, a escoita e despois da escoita.

    Por ultimo, cabe dicir que este apartado é moi interesante e a clase foi entretida onde o profesor puxo exemplos para facer a clase máis dinámica.


À Bientôt!

lundi 4 novembre 2013

Méthologies D'enseignement des Langues Étrangères.

Bonjour,

     Na clase do martes 8 de outubro de 2013, o profesor falou sobre as disintas metodoloxías da ensinanza das linguas estranxeiras.

     Dentro deste temario explicou os distintos apartados sobre como responder as necesidades, e despois falou sobre os diferentes tipos de metodoloxías e métodos referentes a lingua estranxeira que son: a metodoloxía tradicional, o método directo (onde se atopan os principios metodolóxicos que son o método directo, o método oral e o método activo), a metodoloxía activa que tamén se inclúe no método directo, ademais tamén temos a metodoloxía Mao-Mav, onde incluímos a metodoloxía de Sgav.

    Por outro lado, nos atopamos cos enfoques comunicativos nos cales incluímos as aproximacións do plural, o método sobre a situación do inglés, a metodoloxía comunicativa e as aproximacións funcionais e nocionais. E por último, temos a metodoloxía da acción.

    Finalmente, cabe dicir que é un tema moi denso, aínda que a dinámica da clase é boa e o mestre fai que as clases sexan máis amenas aínda que as veces me perda un pouco porque non comprendo todo o vocabulario correctamente. 

Au revoir!