Sommaire

vendredi 27 septembre 2013

Tâche 1: Connaître sa Classe.

Bonjour, 

Hoxe os deixo a Tâche 1, a primeira tarefa que facemos neste curso: 

Tâche 1: Connaître sa Classe.

Espero que vos guste.
 À Bientôt!


mercredi 25 septembre 2013

Caractéristiques de l'établissement.

Salut!

       Na clase de onte (24 de setembro), continuamos falando sobre o mesmo tema da semana pasada (variables dans la situation d'enseignement), incluíndo a explicación das distintas características dos establecementos ou institucións, as cales son a ensinanza pública, a ensinanza privada (que pode ser concertada ou non) e a ensinanza técnica superior fora do contrato. Entre elas existen unha serie de diferenzas que son na ensinanza publica tense moito en conta o control pedagóxico e financeiro do Estado,  na ensinanza privada ou concertada esíxese a formación dos docentes e por último na ensinanza técnica superior fora do contrato terase en conta a política de admisión dos estudantes.

     Por outro lado, tamén falamos da tradición pedagóxica onde atopamos dous tipos, o primeiro tipo que é a relación pedagóxica gramatical (dáse en Alemaña e os países árabes) na cal se lle da máis importancia aos aspectos como a tradución, a gramática, a gramática explicativa e a lingua escrita. Por outra parte, temos a parte pedagóxica comunicativa, que se centra en aspectos como a gramática implícita, a comunicación como prioridade ante os demais aspectos e por ultimo a importancia da lingua oral.
    
       Ademais, vimos a relación que existe entre o ensinante e o que é ensinado que se divide en dous actitudes, que son a participación dos nenos no aprendizaxe e a submisión dos nenos na ensinanza.

      E por último, os obxectivos que son os que se realizan antes de comezar o ano escolar onde se programa todo o que queremos facer, e detalla o programa escolar neste caso referente as linguas.

     A clase estivo entretida, é un tema moi interesante para o noso futuro polo tanto é imprescindible coñecelo ben e sobre todo entendelo correctamente.

Au revoir!

lundi 23 septembre 2013

Variables dans la situation d'enseignement.

Bonjour,

     Hoxe vouvos falar da segunda clase teórica de français que tivemos o martes da semana pasada. Nela falamos un tema interesante xa que tratamos as distinta variables das linguas e o seu estado a hora de evaluar aos rapaces, facendo referencia na pequena idade.

     As situacións da ensinanza divídense en varias partes unha delas fai referencia ao aprendizaxe precoz da lingua estranxeira, outra é o español como lingua estranxeira e por ultimo temos a ensinanza dunha materia integrada a unha lingua estranxeira (EMILE/AICLE/CLIL).

     As variables están compostas por tres puntos fundamentais que son as características do aprendizaxe, as características dos establecementos e por ultimo e non menos importantes os obxectivos.

     En canto, as características do aprendizaxe atopámonos que a idade é moi importante para a adquisición das linguas xa que canto máis pequeno sexa o neno máis facilidade ten de aprender e interiorizar outros idiomas distintos ao que escoita habitualmente no seu fogar. Segundo a idade que teñan os rapaces a facilidade de aprender vaise complicando xa que a idade ideal para iso son os primeiros doce meses de vida onde os rapaces teñen una capacidade de retención moi importante que debería aproveitarse correctamente para que os nenos aprendan de unha forma máis dinámica e rápida.


   Para finalizar, cabe dicir que foi unha clase amena aínda que hai certo vocabulario que aínda non comprendo perfección pero grazas ao prezi, e as explicacións do profesor faise mais fácil entender todo correctamente.

À plus tard!

mardi 17 septembre 2013

Espace Personnel.

Bonjour,

     Je m'appelle Mª Rita Caldelas Grobas et je suis née en Vigo le 28 de février de 1992. Son estudante de educación infantil na Universidade de Vigo, na facultade das ciencias da educación e do deporte no campus de Pontevedra.

    Dende que nacín ata hoxe en día vivo en Vigo, e a miña lingua materna é o español xa que foi a que aprendín e coa que comuniqueime dende pequena. Aínda que tamén falo galego pero de maneira máis secundaria xa que a emprego cos meus avós, e con aquelas persoas que tamén o falan fóra do meu ámbito familiar.

     Ao longo da etapa escolar, unicamente aprendín unha lingua estranxeira que foi o inglés polo tanto non teño moitas experiencias persoais con outras linguas salvo co inglés.

    Este ano vou comezar unha aventura nova con ó français, estou moi contenta e ao mesmo tempo ilusionada e entusiasmada por aprender un idioma novo. Espero cumprir os meus desexos por adquirir coñecementos e sobre todo moito vocabulario nesta nova lingua.

Espero poder contarvos todo o interesante que suceda nesta nova andaina. 

Á Bientôt.

jeudi 12 septembre 2013

Apprentissage des langues.

Bonjour,

        O martes foi a miña segunda clase de français (a primeira foi o luns), recoñezco que ao principio estaba un pouco perdida xa que ao non dar nunca este idioma cústame un pouco familirizarme con el.

         A clase do martes foi entretida debido a que o profesor explicou as distintas linguas que existen, como por exemplo a lingua materna, que é a que nos ensinan dende pequenos e coa que comenzamos a comunicarnos dende os nosos primeiros meses de vida; a lingua secundaria a cal se emprega noutros ámbitos xa sexa no traballo, no colexio...; e a lingua estranxeira que unicamente se adoita utilizar no ámbito escolar.


         Ademais, de todo isto tamén vimos os distintos contextos onde se usan cada unha delas.

      Realmente, foi un tema moi interesante aínda que non me decatase de todo á perfección, pero espero que pouco a pouco vaia aumentando o meu vocabulario e ir escribindo pequenas frases en français.

Á Bientôt.