Sommaire

lundi 16 décembre 2013

Une Petite Réflexion sur les Tâches.

Bonjour, comment ça va?

   Pendant ces quatre mois nous avons réalisées à diverses tâches, dans lesquelles nous avons réalisées une petite unité didactique pour travailler le français avec les plus petits. En chacun des tâches avoir été effectuées différents paragraphes qui composent une unité didactique. Merci ces tâches j'ai commencé habituée à travailler avec une langue étrangère concrètement  le français.

Vraiment j'espère que ces tâches vous semble intéressante et útiles.

                                                                                           À Bientôt!

samedi 14 décembre 2013

Un Bref Résumé de las Classes B y C.

Bonjour,

   Dans cette entrée je vais vous dire ce que nous avons l'habitude de faire dans las classes b et c, le professeur nous expliquait les diferentes activités que nous avons fait au long de ces quatre mois. Il nous a aussi appris une gran variété de recours pour réaliser les activités, chansons à travers les nouvelles technologies. Ces classes ont etés très utiles puisqu'il nous a expliquer comment on devais faire les activités et nous a appris à travailler la langue étrangère avec les plus petits. 

J'espère que cette entrée vous semble intéressante.
À tout à l'heure.

Réflexion sur las Classes A.

Bonjour, 

  Aujourd'hui je veux faire une petite réflexion personnel sur comme le sont les classes théoriques cette quatre mois, bien que je ai signalé en chaque entrée effectué avec chaque thème vu dans la classe.

   Premièrement dire qui faisant unes classes ont appris beaucoup vocabulaire, concepts relatives à la langue étrangère. Aussi, durant ces mois j'ai appris beaucoup vocabulaire dans cette langue car part pas de zéro et merci avec ces classes qui m'a servi pour habituer la haine a écouter et a intérioriser beaucoup vocabulaire quotidien et si procuration apprendre.

   La vérité est qui est fort une expérience très agréable. J'espère vous l'aimerez aussi cette petite réflexion sur mes classes de français. 

Au revoir,

Rita!

vendredi 13 décembre 2013

Tâche 5: Évaluer.

Bonjour, 

Aujourd'hui je vous laisse cinquième et demière activité du cours, la Tâche 5!

Tâche 5: Évaluer.

J'espère que vous l'aimerez aussi. 

Adieu! 

jeudi 12 décembre 2013

L'Évaluation en Cours de Langue Étrangère.

Bonjour,

   Hoxe toca falar das clases dos días 3 e 10 de decembro, onde o profesor explicou a avaliación nas clases de lingua estranxeira. Para facer una avaliación deberase ter en contar tres aspectos: tipo de avaliación, criterios de avaliación, e ferramentas de avaliación. Ademais deses aspectos tamén existen tres factores clave: validez, fiabilidade e a viabilidade.

   Por outro lado, temos uns tipos de avaliación facendo referencia a quen avalía, onde existe unha auto-avaliación, unha co-avaliación e unha hetero-avaliación. O tipo de avaliación dependendo de cando avaliar hai unha évaluation initiale, unha évaluation formative e unha évaluation sommative. Despois de ver estes tipos de avaliación, cabe dicir que tamén existen outros tipos como coñecementos vs capacidades, normativa vs criterios, directa vs indirecta, subxectiva vs obxectiva, impresión e holística vs analítica.

   Facendo referencia ao traballo que temos que realizar na tarefa 5, cabe mencionar a avaliación que empregamos na expresión oral como o MECRL, Critères, Outils (La feuille de contrôle), Outils (La grille d'évaluation), Outils (La feuille d'observation). E por ultimo pódese contemplar os criterios a avaliar na expresión escrita, onde temos a Expression Écrite (Production-Interaction), Critères, Outils (Liste de contrôle, grille d'évaluation e feuille d'observation).

   Como reflexión final deste tema cabe dicir que a súa explicación resultoume moi útil para realizar a última tarefa do curso xa que grazas a explicación do profesor sobre os distintos criterios de avaliación dependendo de se sé trata de expresión oral ou expresión escrita. 

Au revoir!

mercredi 11 décembre 2013

L'expression Écrite.

Bonjour,

   Comment ça va? Na clase do día 26 de novembro o profesor falou sobre a expresión escrita. Este tema foi dividido en varios puntos xa que primeiramente explicou a o que era a expresión escrita, despois explicou as distintas situacións que se poden dar na escritura.

   En canto na progresión desta consiste en realizar unha serie de producións curtas, realizar producións correspondentes ás necesidades prácticas da vida cotiá, test, formularios, cartas postais, invitacións, entre outras. Nela existe tres regras, a primeira e la règle de progression, a segunda la règle de l'isotopie e por último les règles de cohérence et de cohésion sémantique. Para levar a cabo unha actuación deberán ter en conta o seguinte:  ler a consigna para os estudantes e verificar a comprensión; explicar a situación da comunicación; a redacción (na clase...) e a corrección máis a avaliación. Os activadores máis potenciais para levar a cabo todo isto son as cartas postais, os catálogos, os mensaxes... para traballar isto temos uns tipos de actividades onde se pode fomentar isto as cales son, responder a test, encher os formularios, reconstruír mensaxes, redactar artigos de xornais, ...

   Facendo referencia ao tema tratado nesta clase resultoume moi útil para a realización das tarefas correspondentes xa que é moi interesante para saber como expresarse de forma escrita en francés.

   Ademais de que a clase foi dinámica xa que o mestre dicía exemplos nos distintos apartados para que puidésemos comprender todo correctamente.


                                                           Au revoir!!

vendredi 6 décembre 2013

Production Orale.

Bonjour,

   Na clase do martes día 19 de Novembro o mestre explicou o tema relacionado coa produción oral.

  En primeiro lugar, explicounos o que é a produción oral que consiste en poder expresarse nas diversas situacións referentes a lingua estranxeira, existindo un emisor e un receptor. A produción oral esixe a capacidade de comprender aos outros.

   Por outro lado, existen dúas dimensións da expresión oral que son: a produción e a interacción entre ambas partes. Todo isto pódese practicar mediante unha serie de actividades como por exemplo se facemos referencia a produción pódese realizar distintos tipos de exposicións como discursos, espectáculos, entre outros; xogos de roles... En canto as actividades para traballar a interacción son conversación coherente, debater, a negociación, entre outros. 

   Ademais, tamén existe a perspectiva pedagóxica que se compón de tres partes: a primeira é a explicación da tarefa, a segunda a preparación da mesma e a terceira a produción e interacción. En canto a avaliación existen dous métodos, a rúbrica de avaliación e a produción/interacción (avaliación separada). 

   Para finalizar a produción oral, cabe dicir que existen unha serie elementos que a compoñen, onde atopamos: as ideas, a estruturación, a lingua, a lingua non verbal, a voz e as pausas, silencios e as miradas.

   Para concluír este apartado cabe dicir, que este tema foi moi útil para a realización das actividades das distintas tarefas e para o noso futuro coma docentes. Ademais de que as clases son dinámicas xa que observamos diferentes tipos de producións orais e o profesor fai todo o posible para que comprendamos correctamente o tema. 

À Bientôt!


jeudi 28 novembre 2013

Tâche 4: Aider à produire.

Bonjour, 

Aujourd'hui je vous laisse quatrième activité du cours, la Tâche 4:


Tâche 4: Aider à produire.


J'espère que vous l'aimerez aussi. 

Au revoir!



dimanche 24 novembre 2013

Compréhension Écrite.

Bonjour, 

   Na  clase do martes 5 de novembro, o profesor explicou o tema da comprensión escrita no cal tratou distintas partes como a súa definición, os seus obxectivos, os materiais que se utilizan, a perspectiva didáctica da comprensión escrita, tipos de exercicios e que facer en educación infantil.

   En canto a súa definición destacamos que se emprega para a comprensión de documentos escritos, dentro dela existen unha serie de competencias, onde atopamos a competencia base, a competencia intermedia e a competencia exhaustiva. Nos obxectivos establecidos podemos destacar os seguintes: ler diferentes tipos de textos;  presentar o léxico, feitos de civilización, elementos gramaticais e estruturas;  dar ganas de ler, entre outros. 

   Os tipos de material que se empregan na comprensión escrita son: castas postais, correos electrónicos, telegramas, catálogos, programas turísticos, entre outros. Dentro deste soporte tamén explican os aspectos a ter en conta, onde están o aspecto comunicativo, o aspecto discursivo e o aspecto pedagóxico.

   Por outra parte, atopamos a perspectiva didáctica da comprensión escrita que se divide en cinco puntos: o primeiro punto consiste en distribuír o documento escrito aos estudantes; o segundo require unha lectura silenciosa, precisando os tempos cuxos estudantes dispoñan; no terceiro os estudantes preparan as súas propias hipóteses; no cuarto atraerán a atención do estudante sobre a organización do texto e o quinto punto responden a un cuestionario ou completan unha táboa.

  Tamén, visualizamos unha serie de exercicios para traballar a comprensión escrita similares ás actividades de comprensión oral, como por exemplo temos os cuestionarios de respostas múltiples, completar táboas... E  por último temos o apartado sobre que facer en educación infantil para traballar dita comprensión que son o desenvolvemento da motricidade fina, analizar a estrutura das letras, ler os nomes, entre outros.

   Finalmente, dicir que a clase estivo entretida xa que visualizamos algún vídeo entra a explicación o que fai que esta resulte amena. 

Adieu!

Petite Expérience avec le Français.

Bonjour, comment ça va?

   Hoxe vouvos contar como vai a miña experiencia co francés xa que teño esta parte do blog un pouquiño abandonada pero a verdade que teño moi poucas experiencias con idiomas en canto a viaxes.

   En primeiro lugar, dicir que nestes dous meses e medio de clase adquirín vocabulario na lingua francesa quizais non todo o que me gustaría neste tempo pero podo dicir que agora comprendo case todo o que di o profesor nas clases teóricas e prácticas (aínda que hai certo vocabulario que se me resiste).

   Por outro lado, estou comezando a redactar en francés xa que nalgunhas tarefas puxen algún apartado nese idioma. Pero cabe dicir que me resulta complexo e necesito moita axuda.

   Por último, cabe dicir que estou contenta por todo o que estou aprendendo e que pouco a pouco vou adquirindo palabras e expresións novas polo tanto espero que en pouco tempo sexa capaz de manter unha conversa en francés.


Au revoir!

jeudi 14 novembre 2013

jeudi 7 novembre 2013

Compréhension Orale.

Bonjour,

   Na clase do martes 29 de outubro, o profesor explicou a comprensión oral que os seus obxectivos principais que son traballar sobre o contido e non sobre as palabras o frases illadas e adquirir o vocabulario nun contexto.

   Por outro lado, se atopan as características dos nenos que son os coñecementos anteriores,  as competencias lingüísticas, a atención e o afecto.

  Por outra parte, temos as características dos documentos, onde atopamos o rendmento, as pausas, a fonética, o nivel de dificultade, os documentos auténticos e os soportes visuais. Dentro destas características encontramos unha serie de obxectivos, as imaxes fixas e as imaxes en movemento.

   A continuación, observamos as etapas da comprensión oral, que dentro dela existen tres tipos que son a pre-escoita, a escoita e despois da escoita.

    Por ultimo, cabe dicir que este apartado é moi interesante e a clase foi entretida onde o profesor puxo exemplos para facer a clase máis dinámica.


À Bientôt!

lundi 4 novembre 2013

Méthologies D'enseignement des Langues Étrangères.

Bonjour,

     Na clase do martes 8 de outubro de 2013, o profesor falou sobre as disintas metodoloxías da ensinanza das linguas estranxeiras.

     Dentro deste temario explicou os distintos apartados sobre como responder as necesidades, e despois falou sobre os diferentes tipos de metodoloxías e métodos referentes a lingua estranxeira que son: a metodoloxía tradicional, o método directo (onde se atopan os principios metodolóxicos que son o método directo, o método oral e o método activo), a metodoloxía activa que tamén se inclúe no método directo, ademais tamén temos a metodoloxía Mao-Mav, onde incluímos a metodoloxía de Sgav.

    Por outro lado, nos atopamos cos enfoques comunicativos nos cales incluímos as aproximacións do plural, o método sobre a situación do inglés, a metodoloxía comunicativa e as aproximacións funcionais e nocionais. E por último, temos a metodoloxía da acción.

    Finalmente, cabe dicir que é un tema moi denso, aínda que a dinámica da clase é boa e o mestre fai que as clases sexan máis amenas aínda que as veces me perda un pouco porque non comprendo todo o vocabulario correctamente. 

Au revoir!

vendredi 25 octobre 2013

Tâche 2: Comment s'y prende?

Bonne après-midi, 
Comment ça va?

Aujourd'hui je vous laisse la tâche 2:



J'espère l'avoir bien faîte. 



Au revoir!

mardi 8 octobre 2013

Le conte du Petit Chaperon Rouge.


Bonsoir,

Aujourd'hui je vous laisse ce matériel pour les plus petits, le conte du Petit Chaperon Rouge.



J'espère que ça vous aimez. 


À tout à l'heure!

lundi 7 octobre 2013

CECRL (Cadre Européen Commun de Référence pour les Langues)

Bonjour,

Comment ça va?

   Na clase do martes día 1 de Outubro, o profesor explicou o CECRL (Cadre Européen Commun de Référence pour les Langues).

   O CECRL é un documento elaborado entre os anos 1993 e 2000 por uns expertos, nel propuxéronse unha serie de metodoloxías comúns, unha terminoloxía común a todos os contextos educativos e un equilibrio de exames e certificados en linguas. Ademais disto o profesor continuou falando sobre o porque, os obxectivos e os seis niveis de referencia.

   Por outro lado, atopamos a terminoloxía que inclúe o contexto, os contidos, as competencias, o texto, as estratexias, as actividades da lingua e as tarefas.

   A clase foi dinámica grazas a que o profesor vai engadindo diferentes exemplos e xestos para facernos máis sinxelo o seguimento da clase, aínda que o tema sexa denso.

Au revoir.

vendredi 27 septembre 2013

Tâche 1: Connaître sa Classe.

Bonjour, 

Hoxe os deixo a Tâche 1, a primeira tarefa que facemos neste curso: 

Tâche 1: Connaître sa Classe.

Espero que vos guste.
 À Bientôt!


mercredi 25 septembre 2013

Caractéristiques de l'établissement.

Salut!

       Na clase de onte (24 de setembro), continuamos falando sobre o mesmo tema da semana pasada (variables dans la situation d'enseignement), incluíndo a explicación das distintas características dos establecementos ou institucións, as cales son a ensinanza pública, a ensinanza privada (que pode ser concertada ou non) e a ensinanza técnica superior fora do contrato. Entre elas existen unha serie de diferenzas que son na ensinanza publica tense moito en conta o control pedagóxico e financeiro do Estado,  na ensinanza privada ou concertada esíxese a formación dos docentes e por último na ensinanza técnica superior fora do contrato terase en conta a política de admisión dos estudantes.

     Por outro lado, tamén falamos da tradición pedagóxica onde atopamos dous tipos, o primeiro tipo que é a relación pedagóxica gramatical (dáse en Alemaña e os países árabes) na cal se lle da máis importancia aos aspectos como a tradución, a gramática, a gramática explicativa e a lingua escrita. Por outra parte, temos a parte pedagóxica comunicativa, que se centra en aspectos como a gramática implícita, a comunicación como prioridade ante os demais aspectos e por ultimo a importancia da lingua oral.
    
       Ademais, vimos a relación que existe entre o ensinante e o que é ensinado que se divide en dous actitudes, que son a participación dos nenos no aprendizaxe e a submisión dos nenos na ensinanza.

      E por último, os obxectivos que son os que se realizan antes de comezar o ano escolar onde se programa todo o que queremos facer, e detalla o programa escolar neste caso referente as linguas.

     A clase estivo entretida, é un tema moi interesante para o noso futuro polo tanto é imprescindible coñecelo ben e sobre todo entendelo correctamente.

Au revoir!

lundi 23 septembre 2013

Variables dans la situation d'enseignement.

Bonjour,

     Hoxe vouvos falar da segunda clase teórica de français que tivemos o martes da semana pasada. Nela falamos un tema interesante xa que tratamos as distinta variables das linguas e o seu estado a hora de evaluar aos rapaces, facendo referencia na pequena idade.

     As situacións da ensinanza divídense en varias partes unha delas fai referencia ao aprendizaxe precoz da lingua estranxeira, outra é o español como lingua estranxeira e por ultimo temos a ensinanza dunha materia integrada a unha lingua estranxeira (EMILE/AICLE/CLIL).

     As variables están compostas por tres puntos fundamentais que son as características do aprendizaxe, as características dos establecementos e por ultimo e non menos importantes os obxectivos.

     En canto, as características do aprendizaxe atopámonos que a idade é moi importante para a adquisición das linguas xa que canto máis pequeno sexa o neno máis facilidade ten de aprender e interiorizar outros idiomas distintos ao que escoita habitualmente no seu fogar. Segundo a idade que teñan os rapaces a facilidade de aprender vaise complicando xa que a idade ideal para iso son os primeiros doce meses de vida onde os rapaces teñen una capacidade de retención moi importante que debería aproveitarse correctamente para que os nenos aprendan de unha forma máis dinámica e rápida.


   Para finalizar, cabe dicir que foi unha clase amena aínda que hai certo vocabulario que aínda non comprendo perfección pero grazas ao prezi, e as explicacións do profesor faise mais fácil entender todo correctamente.

À plus tard!

mardi 17 septembre 2013

Espace Personnel.

Bonjour,

     Je m'appelle Mª Rita Caldelas Grobas et je suis née en Vigo le 28 de février de 1992. Son estudante de educación infantil na Universidade de Vigo, na facultade das ciencias da educación e do deporte no campus de Pontevedra.

    Dende que nacín ata hoxe en día vivo en Vigo, e a miña lingua materna é o español xa que foi a que aprendín e coa que comuniqueime dende pequena. Aínda que tamén falo galego pero de maneira máis secundaria xa que a emprego cos meus avós, e con aquelas persoas que tamén o falan fóra do meu ámbito familiar.

     Ao longo da etapa escolar, unicamente aprendín unha lingua estranxeira que foi o inglés polo tanto non teño moitas experiencias persoais con outras linguas salvo co inglés.

    Este ano vou comezar unha aventura nova con ó français, estou moi contenta e ao mesmo tempo ilusionada e entusiasmada por aprender un idioma novo. Espero cumprir os meus desexos por adquirir coñecementos e sobre todo moito vocabulario nesta nova lingua.

Espero poder contarvos todo o interesante que suceda nesta nova andaina. 

Á Bientôt.

jeudi 12 septembre 2013

Apprentissage des langues.

Bonjour,

        O martes foi a miña segunda clase de français (a primeira foi o luns), recoñezco que ao principio estaba un pouco perdida xa que ao non dar nunca este idioma cústame un pouco familirizarme con el.

         A clase do martes foi entretida debido a que o profesor explicou as distintas linguas que existen, como por exemplo a lingua materna, que é a que nos ensinan dende pequenos e coa que comenzamos a comunicarnos dende os nosos primeiros meses de vida; a lingua secundaria a cal se emprega noutros ámbitos xa sexa no traballo, no colexio...; e a lingua estranxeira que unicamente se adoita utilizar no ámbito escolar.


         Ademais, de todo isto tamén vimos os distintos contextos onde se usan cada unha delas.

      Realmente, foi un tema moi interesante aínda que non me decatase de todo á perfección, pero espero que pouco a pouco vaia aumentando o meu vocabulario e ir escribindo pequenas frases en français.

Á Bientôt.