Sommaire

mercredi 25 septembre 2013

Caractéristiques de l'établissement.

Salut!

       Na clase de onte (24 de setembro), continuamos falando sobre o mesmo tema da semana pasada (variables dans la situation d'enseignement), incluíndo a explicación das distintas características dos establecementos ou institucións, as cales son a ensinanza pública, a ensinanza privada (que pode ser concertada ou non) e a ensinanza técnica superior fora do contrato. Entre elas existen unha serie de diferenzas que son na ensinanza publica tense moito en conta o control pedagóxico e financeiro do Estado,  na ensinanza privada ou concertada esíxese a formación dos docentes e por último na ensinanza técnica superior fora do contrato terase en conta a política de admisión dos estudantes.

     Por outro lado, tamén falamos da tradición pedagóxica onde atopamos dous tipos, o primeiro tipo que é a relación pedagóxica gramatical (dáse en Alemaña e os países árabes) na cal se lle da máis importancia aos aspectos como a tradución, a gramática, a gramática explicativa e a lingua escrita. Por outra parte, temos a parte pedagóxica comunicativa, que se centra en aspectos como a gramática implícita, a comunicación como prioridade ante os demais aspectos e por ultimo a importancia da lingua oral.
    
       Ademais, vimos a relación que existe entre o ensinante e o que é ensinado que se divide en dous actitudes, que son a participación dos nenos no aprendizaxe e a submisión dos nenos na ensinanza.

      E por último, os obxectivos que son os que se realizan antes de comezar o ano escolar onde se programa todo o que queremos facer, e detalla o programa escolar neste caso referente as linguas.

     A clase estivo entretida, é un tema moi interesante para o noso futuro polo tanto é imprescindible coñecelo ben e sobre todo entendelo correctamente.

Au revoir!

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire