Sommaire

jeudi 12 septembre 2013

Apprentissage des langues.

Bonjour,

        O martes foi a miña segunda clase de français (a primeira foi o luns), recoñezco que ao principio estaba un pouco perdida xa que ao non dar nunca este idioma cústame un pouco familirizarme con el.

         A clase do martes foi entretida debido a que o profesor explicou as distintas linguas que existen, como por exemplo a lingua materna, que é a que nos ensinan dende pequenos e coa que comenzamos a comunicarnos dende os nosos primeiros meses de vida; a lingua secundaria a cal se emprega noutros ámbitos xa sexa no traballo, no colexio...; e a lingua estranxeira que unicamente se adoita utilizar no ámbito escolar.


         Ademais, de todo isto tamén vimos os distintos contextos onde se usan cada unha delas.

      Realmente, foi un tema moi interesante aínda que non me decatase de todo á perfección, pero espero que pouco a pouco vaia aumentando o meu vocabulario e ir escribindo pequenas frases en français.

Á Bientôt.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire