Sommaire

vendredi 6 décembre 2013

Production Orale.

Bonjour,

   Na clase do martes día 19 de Novembro o mestre explicou o tema relacionado coa produción oral.

  En primeiro lugar, explicounos o que é a produción oral que consiste en poder expresarse nas diversas situacións referentes a lingua estranxeira, existindo un emisor e un receptor. A produción oral esixe a capacidade de comprender aos outros.

   Por outro lado, existen dúas dimensións da expresión oral que son: a produción e a interacción entre ambas partes. Todo isto pódese practicar mediante unha serie de actividades como por exemplo se facemos referencia a produción pódese realizar distintos tipos de exposicións como discursos, espectáculos, entre outros; xogos de roles... En canto as actividades para traballar a interacción son conversación coherente, debater, a negociación, entre outros. 

   Ademais, tamén existe a perspectiva pedagóxica que se compón de tres partes: a primeira é a explicación da tarefa, a segunda a preparación da mesma e a terceira a produción e interacción. En canto a avaliación existen dous métodos, a rúbrica de avaliación e a produción/interacción (avaliación separada). 

   Para finalizar a produción oral, cabe dicir que existen unha serie elementos que a compoñen, onde atopamos: as ideas, a estruturación, a lingua, a lingua non verbal, a voz e as pausas, silencios e as miradas.

   Para concluír este apartado cabe dicir, que este tema foi moi útil para a realización das actividades das distintas tarefas e para o noso futuro coma docentes. Ademais de que as clases son dinámicas xa que observamos diferentes tipos de producións orais e o profesor fai todo o posible para que comprendamos correctamente o tema. 

À Bientôt!


Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire