Sommaire

dimanche 24 novembre 2013

Petite Expérience avec le Français.

Bonjour, comment ça va?

   Hoxe vouvos contar como vai a miña experiencia co francés xa que teño esta parte do blog un pouquiño abandonada pero a verdade que teño moi poucas experiencias con idiomas en canto a viaxes.

   En primeiro lugar, dicir que nestes dous meses e medio de clase adquirín vocabulario na lingua francesa quizais non todo o que me gustaría neste tempo pero podo dicir que agora comprendo case todo o que di o profesor nas clases teóricas e prácticas (aínda que hai certo vocabulario que se me resiste).

   Por outro lado, estou comezando a redactar en francés xa que nalgunhas tarefas puxen algún apartado nese idioma. Pero cabe dicir que me resulta complexo e necesito moita axuda.

   Por último, cabe dicir que estou contenta por todo o que estou aprendendo e que pouco a pouco vou adquirindo palabras e expresións novas polo tanto espero que en pouco tempo sexa capaz de manter unha conversa en francés.


Au revoir!

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire