Sommaire

dimanche 24 novembre 2013

Compréhension Écrite.

Bonjour, 

   Na  clase do martes 5 de novembro, o profesor explicou o tema da comprensión escrita no cal tratou distintas partes como a súa definición, os seus obxectivos, os materiais que se utilizan, a perspectiva didáctica da comprensión escrita, tipos de exercicios e que facer en educación infantil.

   En canto a súa definición destacamos que se emprega para a comprensión de documentos escritos, dentro dela existen unha serie de competencias, onde atopamos a competencia base, a competencia intermedia e a competencia exhaustiva. Nos obxectivos establecidos podemos destacar os seguintes: ler diferentes tipos de textos;  presentar o léxico, feitos de civilización, elementos gramaticais e estruturas;  dar ganas de ler, entre outros. 

   Os tipos de material que se empregan na comprensión escrita son: castas postais, correos electrónicos, telegramas, catálogos, programas turísticos, entre outros. Dentro deste soporte tamén explican os aspectos a ter en conta, onde están o aspecto comunicativo, o aspecto discursivo e o aspecto pedagóxico.

   Por outra parte, atopamos a perspectiva didáctica da comprensión escrita que se divide en cinco puntos: o primeiro punto consiste en distribuír o documento escrito aos estudantes; o segundo require unha lectura silenciosa, precisando os tempos cuxos estudantes dispoñan; no terceiro os estudantes preparan as súas propias hipóteses; no cuarto atraerán a atención do estudante sobre a organización do texto e o quinto punto responden a un cuestionario ou completan unha táboa.

  Tamén, visualizamos unha serie de exercicios para traballar a comprensión escrita similares ás actividades de comprensión oral, como por exemplo temos os cuestionarios de respostas múltiples, completar táboas... E  por último temos o apartado sobre que facer en educación infantil para traballar dita comprensión que son o desenvolvemento da motricidade fina, analizar a estrutura das letras, ler os nomes, entre outros.

   Finalmente, dicir que a clase estivo entretida xa que visualizamos algún vídeo entra a explicación o que fai que esta resulte amena. 

Adieu!

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire